A SD Teucro e a Asociación de Déficit de Atención e Hiperactividade, premiados polo Rotary Club
Por Redacción
O Rotary Club de Pontevedra anunciou o nome das dúas entidades que recibirán este ano os Premios Servir, cos que esta asociación recoñece anualmente o traballo daquelas organizacións ou empresas que destacasen polos seus méritos sociais ou empresariais e a persoas físicas ou asociacións que realizasen un gran labor social en favor dos máis necesitados.
Nesta edición, os premiados serán a SD Teucro, na modalidade de entidade ou empresa, "polo seu labor coa promoción e o desenvolvemento de valores deportivos na súa canteira durante os últimos 70 anos" e a Asociación de Déficit de Atención e Hiperactividade (ADAPHO), na categoría de entidade benéfica, polo seu traballo en difundir novos coñecementos entre a cidadanía acerca deste trastorno.
O acto de entrega dos premios realizarase durante unha cea de gala que terá lugar no Liceo Casino de Pontevedra o próximo venres 8 de maio, a partir das 21.30 horas.
Dada a natureza benéfica do acto, o Rotary Club admite donativos de "fila 0" para incrementar a recadación da cea, que será entregada nun parte importante á asociación ADAPHO.
Este ano cúmprese a décimo oitava edición do Premio Servir en Pontevedra. Durante estes anos foron merecedores deste galardón no apartado de empresas e entidades: Froiz, Ceferino Nogueira, Celso Míguez, Museo de Pontevedra. D. O. Rías Baixas, Gráficas Anduriña ou o Hospital Miguel Domínguez, entre outras, mentres que no apartado de entidade benéfica foron recoñecidas: Amencer, Comedor de San Francisco, AECC, Calor e Café, Xuntos, Juan XXIII ou AFAPO.
Relacionadas:
-
O Rotary Club recoñece o campus de Pontevedra co premio ‘Servir 2022’
Por Redacción |
-
Preto de 3.000 euros recadados para axuda farmacéutica, alimentación e educación
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Trazos de pintura rápidos e solidarios co Rotary Club inundan a cidade
Por Redacción |
-
Xosé Fortes e o Rotary Club, últimos candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Rotary Club de Pontevedra premia á Asociación Zona Monumental
Por Redacción |