Rescatan un kitesurfista que estaba á deriva pola Ría de Pontevedra
Por Redacción
Unha embarcación privada rescatou na tarde do luns un home que estaba a practicar kitesurf, un deporte que combina unha táboa e un papaventos, pola Ría de Pontevedra.
O suceso produciuse, segundo informa a Central de Emerxencias 112 Galicia, sobre as seis e media da tarde á altura da fábrica de ENCE en Lourizán.
O home encontrábase á deriva sobre a súa táboa e foi localizado pola tripulación dunha embarcación privada, que o levou ata a praia de Lourido.
Estaba en perfecto estado de saúde e non necesitou asistencia médica.
O 112 mobilizou ante este incidente a Salvamento Marítimo, que enviou ata a zona á auxiliar María Pita. Ademais, tamén acudiron o servizo de Gardacostas de Galicia, a Policía Nacional e a Garda Civil.
Relacionadas:
-
Rescatan un kitesurfista á deriva tras bater contra a ponte da Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño |
-
A praia de Foxos contará cunha escola de surf e padelsurf
Por Redacción |
-
Kitesurf nocturno pola autovía de Marín
Por Natalia Puga |
-
Rescatan un 'kitesurfista' que fora arrastrado mar adentro en Vilanova de Arousa
Por Redacción |