Moreira fíxase na Zona Franca de Vigo para o seu modelo económico e empresarial para Pontevedra
Por Redacción
Para Jacobo Moreira é unha "obsesión" lograr que Pontevedra xere emprego. E, na súa opinión, o Concello debe "deixar de mirar para outro lado" e implicarse na creación de postos de traballo na cidade. Para logralo, o candidato do PP á Alcaldía visitou este luns o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o parque empresarial que impulsa en Porto do Molle (Nigrán), exemplos do modelo que quere implantar se gaña as próximas eleccións.
Acompañado da presidenta da Zona Franca, a pontevedresa Teresa Pedrosa, percorreu as instalacións que o consorcio ten en Bouzas e, xuntos, desprazáronse a Nigrán, onde están a promover un gran parque empresarial de preto dun millón de metros cadrados con áreas industriais, comerciais, tecnolóxicas, centro de negocios e equipamentos sociais e deportivos.
Este parque empresarial contaba cunha soa empresa no ano 2012 e foi capaz de chegar ata as 70 e xerar 634 postos de traballo en pouco máis de dous anos. As últimas empresas en adquirir tres parcelas neste parque empresarial están adicadas ao sector do auxiliar do naval.
"Creo sinceramente que Pontevedra se se tivese preparado cun novo Plan Xeral e unhas dotacións punteiras sería a localización idónea para estas empresas", sinalou Jacobo Moreira.
"Pontevedra necesita modernizarse. Debemos darlle a volta á situación e pasar a adoptar unha política activa de captación de recursos e inversión", indicou o candidato popular á Alcaldía.
Entende que a cidade atópase nunha situación "privilexiada" para crear solo industrial e atraer empresas punteiras, debido á súa proximidade a tres portos de interese xeral e dous aeroportos que nos sitúa como "porta de entrada para o mercado europeo".
Relacionadas:
-
Un parque de verán, unha praia fluvial e un camping, proposta estrela do PP para Verducido
Por Alejandro Espiño |
-
O PP apostará por impulsar a creación de espazos en materia de cooperación
Por Redacción |
-
Moreira presenta, baixo a chuvia, a lista íntegra do PP: "Nosotros sí nos mojamos por Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira presenta os 15 postos de saída da súa lista, convencido de que todos sairán concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Moreira promete equiparar as condicións laborais das piscinas de Campolongo coas do IMD
Por Alejandro Espiño |