Moreira presenta, baixo a chuvia, a lista íntegra do PP: "Nosotros sí nos mojamos por Pontevedra"
Por Alejandro Espiño
Desafiando á intensa chuvia que caía en Pontevedra, Jacobo Moreira citou este sábado a todos os membros da súa candidatura para as eleccións municipais de maio na Illa das Esculturas. Unha lista, dixo, que presentan aos cidadáns "para intentar dar la vuelta y cambiar el rumbo a la situación que vive Pontevedra" e que pecha o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
"Nosotros somos personas y vecinos que nos mojamos por Pontevedra, lo vamos a demostrar", afirmou Moreira facendo alusión ás condicións climatolóxicas no medio das cales os populares se fixeron a foto de familia.
Xunto cos quince primeiros, desvelados este venres, figuran na lista José Benito Suárez Costa, o exalcalde Juan Luis Pedrosa e Alfonso Rueda, "una forma de reforzar la candidatura y apoyarla". Nos últimos postos están tamén, entre outros, Rocío de Sinde, secretaria xeral do PP en Pontevedra (vai como suplente igual que o histórico ex concelleiro Arturo Pichel); ou a actual concelleira Beatriz García Riestra.
En concreto, Carlos Acuña Rubio (16), Paula Vázquez Mouriño (17), David Lamoso Fernández (18), Silvia González Guerra (19), Guillermo Juncal Peñas (20), Blanca García Señoráns (21), Beatriz García Riestra (22), José Benito Suárez Costa (23), Juan Luis Pedrosa (24) e Alfonso Rueda (25) completan a lista do PP na capital da provincia.
Os populares quixeron realizar esta presentación ante a pasarela peonil entre a Illa das Esculturas e a avenida Bos Aires, "una obra que hizo el PP" e que simboliza a ponte que "tenderemos con las administraciones y los vecinos para buscar siempre soluciones y no crear más problemas".
Ademais, o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra apelou ao respaldo cidadán que quere conseguir o 24 de maio porque "si no llegamos a tiempo, este paisaje será imposible de recuperar".
Entende Moreira que a política urbanística do BNG "ha condenado a esta zona a ser una pantalla arquitectónica de edificios de hormigón" e el promete recuperar todos estes terreos, xunto cos de Tafisa, para "uso y disfrute de los ciudadanos".
Relacionadas:
-
"Aquí hai dous candidatos. O señor Lores e eu. El avoga por pechar empresas e eu por mantelas e abrir máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Jacobo Moreira: "Me he avergonzado por el caso de Rato"
Por Natalia Puga |
-
O PP apostará por impulsar a creación de espazos en materia de cooperación
Por Redacción |
-
Moreira fíxase na Zona Franca de Vigo para o seu modelo económico e empresarial para Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira presenta os 15 postos de saída da súa lista, convencido de que todos sairán concelleiros
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rafael Domínguez dá o 'si' a Jacobo Moreira e será o número 3 da candidatura do PP en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Aurora Cañizares acompañará a Jacobo Moreira como número 2 da candidatura do PP
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada