A comunidade de montes de Antas planta 40 hectareas de piñeiro para forestar terras non agrícolas
Por Redacción
A comunidade de montes de Antas en A Lama traballa en forestar terras non agrícolas.
O proxecto que acaban de poñer en marcha consiste na plantación de 40 hectáreas de piñeiro (Pinus Pinaster) mediante aburatado con bulldozer a unha densidade de 1.150 pés por hectárea, incluíndo as áreas de defensa contra incendios necesarias e un peche de protección.
Esta comunidade de montes conta cunha superficie total de 330 hectáreas.
Segundo explicaron este venres nunha visita realizada por representantes políticos da Xunta e do Concello, esta plantación que suporá un investimento de case 100.000 euros dos cales 75.500 serán aportados a través dunha subvención da Consellería de Medio Rural e do Mar, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural.