O Porto de Marín conta cun novo depósito aduaneiro
Por Redacción
A empresa Pérez Torres Marítima S.L recibiu autorización para a posta en funcionamento dun Depósito Aduanero (DA) e un Depósito Distinto Aduanero (DDA) nos seus almacéns do Porto de Marín.
Este novo servizo para importadores e exportadores ofrécelles posibilidade de depósito e almacenaxe tanto cuberto coma descuberto, ata o despacho da mercadoría.
O Depósito Aduanero (DA) é un área exenta que permite almacenar mercandorías procedentes de fora da Unión Europea sen que isto devengue ningún tipo de imposto.
Permite ás empresas importadoras diferir o pago do IVE de importación así como o dos aranceis que puidesen existir ata o despacho da mercancía. A permanencia da mercadoría é sen límite de tempo e ten posibilidade de realizar despachos parciais así como facer manipulacións no propio almacén.
O Depósito Distinto Aduanero (DDA) é un almacén fiscal para importaciones de bens excluídos do Depósito Aduanero e permite tamén non pagar o IVE ata que se despachen as mercadorías importadas.