A Fanpa analiza con Educación a posta en marcha de actividades extraescolares compartidas entre centros
Por Redacción
A Federación Provincial de ANPA (Asociacións de Pais e Nais de Almunos) de centros públicos de Pontevedra trasladoulle ao xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, a necesidade de revisar o réxime xurídico vixente de cara a cobrar por actividades feitas nos centros públicos.
O presidente da Fanpa, Rogelio Carballo, explicou que a intención é "que quede clara a diferenza e os dereitos dos socios e dos no socios".
Ademáis, tamén amosou o interese desta federación pola posta en marcha de actividades extraescolares que poidan ser compartidas entre varios centros, "de cara, especialmente, a que poidan levarse a cabo diversas actividades en centros máis pequenos que, en ocasións, teñen pouco alumnado e que, por esta causa, non poden desenvolver esas iniciativas".
Finalmente, a ANPA tamén solicitou á Consellería de Educación que poña en marcha charlas sobre la aplicación da LOMCE en Secundaria de cara a informar aos pais e nais dos alumnos.