Moreira promete equiparar as condicións laborais das piscinas de Campolongo coas do IMD
Por Alejandro Espiño
Jacobo Moreira teno claro. Os traballadores das piscinas de Campolongo deben gozar das mesmas condicións laborais que os empregados do Instituto Municipal de Deportes (IMD), sexan ou non as instalacións xestionadas directamente polo Concello. Así llo trasladou este xoves a unha representación dos traballadores cos que mantivo unha reunión na sede local do PP.
"Nosotros no somos partidarios del rescate (da concesión), porque sinceramente no sé lo que me voy a encontrar en los cajones del ayuntamiento si los ciudadanos nos dan su confianza", dixo Moreira, pero si manifestou que tendo en conta que están a desempeñar funcións dentro da oferta municipal deportiva "no hay que discriminar entre los trabajadores deportivos del Concello y otro tipo de trabajadores".
Neste sentido, avanzou que a fórmula que propoñen é que na nova licitación da concesión se establezan as condicións laborais que deben rexer nas piscinas de Campolongo.
Ademais, o candidato do PP á Alcaldía insistiu en formular de forma independente a licitación do complexo lúdico da Parda e as piscinas de Campolongo, pero afirmou que todo este proceso debería paralizarse ata despois das eleccións municipais, mostrando o seu rexeitamento a calquera vía de procedemento negociado ou sen publicidade que "hipoteque" o futuro goberno municipal que saia das urnas.
Con respecto ao complexo da Parda, Moreira asegurou que se sentará coa Xunta de Galicia para instar ao goberno galego a retomar o proxecto inicial, apostando por "un centro para todos los pontevedreses y no un negocio privado a canon cero".
Esta reunión enmárcase na rolda de contactos que os traballadores das piscinas están a manter con todos os candidatos ás eleccións municipais de maio. Pretenden trasladarlles a "preocupación" que teñen polo que pode acontecer tras o 30 de xuño, data na que finaliza a prórroga actual. Eles propoñen que o Concello rescate a concesión e municipalice este servizo, asumindo as reformas que necesitan as instalacións.
Relacionadas:
-
O PP propón melloras para o novo prego das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
Moreira fíxase na Zona Franca de Vigo para o seu modelo económico e empresarial para Pontevedra
Por Redacción |
-
Desestimado o recurso dos empresarios de ximnasios contra o proxecto de Campolongo e A Parda
Por Redacción |
-
María Rey (Ciudadanos) critica as "prisas" no novo contrato das piscinas de Campolongo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello renuncia ao centro lúdico da Parda e impulsa un novo concurso público para Campolongo
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Marea Pontevedra coincide co PP en desvencellar a reforma das piscinas de Campolongo do complexo da Parda
Por Redacción |