Arde un scalextric infantil no poboado de Galáns
Por Redacción
Nunha morea de ferros quedou convertida unha atracción de feira que este sábado foi pasto das chamas no terreo onde estaba almacenada no poboado de Galáns.
Segundo informaron dende o Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía o suceso rexistrouse ás 20.30 horas.
As forzas de seguridade investigan este estrano incendio con dous focos distintos, o que calcinou o scalextric infantil e un segundo lume que afectou ao despacho para a venda das fichas desta atracción.
O propietario do terreo no que estaba gardado este scalextric sufriu unha crise nerviosa polo que foi trasladado ao Hospital do Salnés. No suceso non se rexistraron danos persoais.