Diego Murillo reparte 36 millóns de euros do cuarto premio
Por Oskar Viéitez
O médico pontevedrés Diego Murillo, presidente de AMA, a aseguradora nacional dos profesionais da sanidade, repartiu 36 millóns de euros por toda España.
Murillo encargou "un número calquera, pero acabado en cinco" a un amigo dos seus fillos, Juan Ignacio Medina Filgueira, que rexenta a Administración de Loterías número 5, na rúa Don Gonzalo.
Atendendo o encargo Juan Ignacio elixiu o número completo do 85.045, do que Diego Murillo comprou o total, 180 series, e a sorte ou os nenos de San Ildefonso encargáronse de facer o resto. Resultado: 36 millóns de euros.
Segundo infórmannos os agraciados, en Galicia quedáronse 60 décimos, dos cales dez quedouse con eles o propio Diego Murillo.
O resto da serie foi repartida a todo o país desde a sede central de AMA.