O Porto de Marín e a parroquia de Seixo quedan sen auga doce
Por Redacción
A parroquia de Seixo e o porto de Marín sufriron os inconvenientes dunha nova avaría da rede de abastecemento de auga en alta que subministra dende Pontevedra.
O problema detectouse hai uns días, pero foise agravando e a primeira hora deste martes foi necesario cambiar a rede de abastecemento a Marín pola vella de Estribela mentres se facían reparacións.
Isto provocou unha caída na presión da auga, deixando partes de Seixo e Loira sen subministración durante varias horas.
Os técnicos puideron restablecer o servizo entre a unha e media e as dúas da tarde.