Empeza a demolición dun inmoble en Jaime Janer
Por Redacción
Este martes iniciáronse as obras de demolición dunha casa na rúa Jaime Janer que se encontra en moi mal estado e cuxos balcóns estaban apuntalados por risco de desprendemento.
O seu propietario procedeu á demolición deste, para o que foi necesario retirar os vehículos da zona de aparcadoiro.
O desenvolvemento dos traballos fíxose afectando o mínimo ao tráfico que circula nese tramo de Jaime Janer.
As obras eran imprescindibles e tratábase dunha obra urxente, necesaria e que contribuirá a evitar un futuro problema polo mal estado do inmoble.