Xosé Fortes critica a "política criminal" de Ana Isabel Vázquez, que "destruíu o Museo de Pontevedra"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O historiador Xosé Fortes sumouse á lista de persoas e colectivos que apoian publicamente a candidatura de Marea Pontevedra ás eleccións municipais do 24 de maio e oficializou ese respaldo cunha posta en escena na que arremeteu duramente contra dúas figuras da actual política local e provincial, o concelleiro do BNG en Pontevedra César Mosquera e a deputada do PP na Deputación Ana Isabel Vázquez.
Especialmente duro se mostra Fortes con Ana Isabel Vázquez, a quen atribúe unha "política criminal" á fronte do departamento de Cultura da Deputación Provincial, coa que asegura que "destruiu o Museo de Pontevedra". A súa crítica principal refírese á xestión que realizou en relación co uso das salas de investigación da institución cultural, pois "todos os investigadores de Galicia estamos imposibilitados de estudar" nelas.
Segundo asegura, trasladoulle esas críticas persoalmente á deputada hai dous meses nunha reunión no seu despacho na que compartiu con ela que antes da súa chegada había un "sistema modélico" na xestión dos fodos do Museo e agora "é un desastre". Entre outras situacións, denuncia que hai unha ducia de catedráticos da Universidade de Santiago que lle pediron que lle axude a xestionar peticións no Museo, pois encóntranse con casos en que necesitan dous "días para pedir unha fotocopia dunha folla".
Xosé Fortes tamén se mostrou crítico co actual Goberno local de Pontevedra, do que asegura que tivo un bo proxecto inicial e que "fixo cousas que eu valoro" que "non quero deixar de recoñecer", pero o seu modelo "está esgotado". Os seus reproches non se centran no alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, senón no seu equipo, pois asegura que "non son inimigo de ninguén nin teño contra Lores nada en concreto (...), pero hai personaxes que non podo salvar".
Xosé Fortes: "César Mosquera debería ter cesado hai tempo"
Esa figura que centra as súas críticas é o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, do que asegura que " se algo fallou aquí fundamentalmente foi este concelleiro". Os seus reproches son xerais e considera que "César Mosquera debería ter cesado hai tempo", pero móstrase especialmente incisivo no seu cuestionamento do proxecto dos antigos terreos de Tafisa.
O coñecido historiador, que encabezou a candidatura de Unidade Galega nas primeiras eleccións municipais do ano 1979, mostrou o seu total apoio a Marea Pontevedra e mesmo chega a asegurar que "eu apoio porque non podo ir" debido á súa idade, 81 anos, e a que as campañas electoras so nduras, pero o é máis a xestión diaria do concello, da que xa ten experiencia. Sentado na mesa ao lado do candidato actual, Luis Rei, "eu estou aquí porque non teño idade para estar en activo, porque senón a Luis íalle disputar eu o posto".
Luis Rei valora este apoio simbólico de Xosé Fortes e insiste en que o proceso que deu lugar a Marea Pontevedra "é similar ao que levou adiante Unidade Galega" e us bases programáticas coinciden. De feito, recorda que os catro principios cos que a candidatura de Fortes concorreu ás primeiras eleccións municipais seguen vixentes e "hai deberes que quedan sen facer dende 1979".
Eses catro principios eran rematar co presidencialismo e a política caciquil, xestionar o Concello dende a transparencia, integrar ás parroquias do rural e rematar co casos en materia urbanística da cidade e "por desgraza seguen a ser os catro piares para Marea en 2015".
Relacionadas:
-
Luís Rei presenta a candidatura de Marea Pontevedra reivindicando o "republicanismo cívico"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
César Portela: "Cal é o modelo de cidade? O que nos levou ao actual caos urbanístico?"
Por Oskar Viéitez |
-
Os inscritos en Podemos votan e acordan apoiar a Marea Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira considera unha "falta de respecto" as críticas vertidas por Marea Pontevedra a Ana Isabel Vázquez
Por Oskar Viéitez |
-
Marea propón un plan de emerxencia para as 17.000 persoas en risco de exclusión social de Pontevedra
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Un paseo poético-pictórico pola cidade de Manuel Moldes axudará a financiar Marea Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Mareas de toda Galicia propoñen unha Declaración de Pontevedra para unirse de cara ao 24-M
Por Natalia Puga |
-
Marea Pontevedra asegura que os funcionarios do concello teñen "dificultades para consultar expedientes"
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Pontevedra nomea un goberno "transparente" para supervisar o traballo municipal
Por Redacción |
-
Dez formacións políticas e sociais avalan a candidatura do escritor Luis Rei ás primarias de Marea Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |