As Ruínas de San Domingos tamén verán mellorada a accesibilidade de todo o seu ámbito
Por Redacción
Máis alá das obras de consolidación das Ruínas de San Domingos, a Deputación licitará nos próximos días unha nova actuación en todo este ámbito. Neste caso, estará centrada na mellora da accesibilidade, segundo anunciou este luns o presidente da institución provincial, Rafael Louzán.
Louzán, que visitou os traballos que está a realizar a empresa Stradia Infraestructuras SL -por valor de 182.131,60 euros- xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou que nuns quince días a Deputación terá nas súas mans o estudo que encargou en materia de accesibilidade. Todo iso porque "é dificultoso acceder para ás persoas maiores", sinalou.
"Vamos a licitalo de forma inmediata", dixo o presidente provincial, para que en verán estean "completamente rematadas" ambas as dúas actuacións.
Nas zonas nas que se está a actuar en profundidade "non se necesitarán máis obras en moito tempo", pero a Deputación xa está pensando "que máis podemos facer" para mellorar o estado deste monumento.
Preocupan especialmente os problemas de humidade, que erosiona as paredes e dana particularmente os conxuntos escultóricos que hai no seu interior. De feito, tratarase de recuperar os policromados que había nestas ruínas, pero ao estar ao aire libre ten moitas dificultades de conservación".
Estudaranse, polo tanto, fórmulas para reducir os danos causados pola humidade.
Relacionadas:
-
Sopesan prolongar a rehabilitación das Ruínas de San Domingos, pechadas dende agosto de 2013
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a Deputación pola "destrución intencionada" dunha colonia de cría do cirrio común nas ruínas de San Domingos
Por Oskar Viéitez |
-
Confían en reabrir as Ruínas de San Domingos antes do verán ante o bo ritmo das obras
Por Redacción |
-
Arrancan as obras de consolidación das ruínas de San Domingos
Por Redacción |