Deteñen un mozo por pegarlle a súa noiva menor de idade
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra procedeu a detención dunha persoa por unha agresión a unha moza menor de idade.
Segundo informan fontes oficiais da Xefatura de Pontevedra, o pasado venres, 27 de marzo, sobre as 12:40 horas recíbese chamada telefónica na Central de Comunicacións da Policía Local (sala 092), alertando que no Paseo do Río dos Gafos, un mozo estaba golpeando a unha moza.
Desprazadas varias patrullas ao lugar, estes son localizados preto dunha vivenda abandonada no paseo.
Nun primeiro momento os mozos, que recoñecen ser noivos, negaron os feitos, manifestando que tratábase dunha disputa de parella, si ben os axentes puideron recoller varias testemuñas de cidadáns que presenciaron as agresións por parte do mozo, ao punto que este, encararouse cunha persoa que presenciara os feitos e tratou de mediar, decídonlle que se metera na súa vida.
Ante os feitos, os axentes da Policía Local de Pontevedra procederon á detención do mozo, de 19 anos de idade.
A muller, menor de idade foi trasladada ao domicilio paterno.