Deteñen un home por agredir unha muller e a súa filla
Por Redacción
Axentes da Policía Municipal de Pontevedra detiveron un home por agredir unha muller e a súa filla preto da Xefatura da Policía Local.
Segundo informaron fontes oficiais sobre as 21:20 horas do domingo, día 29 de marzo, na Xefatura da Policia Local unha persoa requiriu a intervención da Policía Local de Pontevedra por presenciar como unha individuo estaba a golpear unha muller e unha rapaza no interior dun vehículo que se atopaba estacionado na rúa Alexandre Bóveda.
Inmediatamente desprazáronse varias patrullas ao lugar, onde procederon a identificación e posterior detención dun home de 44 anos como autor dun suposto delito de violencia de xénero.
A muller recoñeceu que a golpeara a ela e a súa filla de 14 anos de idade e que non era a primeira vez e que acontecía estes feitos.