Prevén incrementar en 700.000 euros os ingresos municipais tras a revisión do IAE e do Catastro
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Facenda, Raimundo González, informou que o Concello de Pontevedra espera incrementar en 700.000 euros os seus ingresos tras a revisión do padrón do Imposto de Actividades Económicas (IAE) e do catastro, Imposto de Bens Inmobles (IBI).
A Xunta de Goberno celebrada este luns acordou sacar a licitación mediante procedemento negociado dous servizos de colaboración técnica e administrativa por 72.600 euros cada un.
Nun deles continuarase coa inspección iniciada no ano 2013 que revelou que un 25% das empresas radicadas en Pontevedra e que facturan un mínimo dun millón de euros ao ano non tributaban todo o que debían polo IAE.
Durante 16 meses este servizo técnico revisará todas as anomalías fiscais, para combater esta fraude, cunha nova inspección masiva deste padrón.
As irregularidades máis habituais corresponden á declaración de menos metros cadrados dos reais, naves que non estaban dadas de alta ou a potencia eléctrica, ao facerse constar menos quilovatios instalados.
O traballo dos inspectores municipais contratados polo Concello tamén tratará de actualizar o padrón do catastro polo pagamento do Imposto de Bens Inmobles, tanto urbana coma rústica.
O IBI é o piar das arcas municipais xa que supón o 40% do total dos seus ingresos
ÿ un proceso ligado ao convenio asinado entre o Concello e a Dirección Xeral do Catastro e que permitiu aflorar, ata o momento, 1.353 unidades que non tributaban ou o facían de xeito insuficiente.
Durante un ano traballarase na normalización destas propiedades.
O IBI é o piar das arcas municipais xa que supón o 40% do total dos seus ingresos.
Segundo Raimundo González se trata de "unha cuestión de igualdade fiscal, de equidade" xa que considera "inxusto" a existencia destas irregularidades xa que supón unha "penalización" para os cidadáns que están ao día no pagamento das preceptivas taxas e impostos municipais.
Relacionadas:
-
O Concello inspeccionará a empresas distribuidoras, aparcadoiros e banca contra a fraude do IAE
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Unha nova inspección municipal da fraude no IBI espera destapar 700 inmobles que eluden o seu pagamento
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello recada case 500.000 euros trala revisión do IAE ás grandes empresas
Por Alejandro Espiño |