A nova estación depuradora de augas residuais do Grove entra en funcionamento
Por Redacción
A nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) e os colectores xerais do Grove encóntranse en funcionamento, despois da visita esta mañá da conselleira de Medio, Ethel Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís.
Esta obra contou cun investimento de 6,8 millóns de euros e ofrece unha capacidade para servir a 40.000 habitantes. A conselleira destacou que ao redor de 11.000 habitantes deste concello experimentarán un avance cualitativo e cuantitativo no saneamento.
As obras levaron consigo a construción dunha nova EDAR, debido a que a anterior se encontraba obsoleta, ademais dunha rede de colectores de máis de 2.000 metros de lonxitude e novos bombeos en Porto e Terra de Porto.
Segundo Ethel Vázquez, o Goberno galego leva invertidos dende 2009 máis de 57 millóns de euros no saneamento da ría de Arousa debido á importancia que a calidade das súas augas ten para miles de persoas que viven da produción pesqueira e marisqueira.