Os estudantes universitarios saen á rúa para protestar contra o 3+2
As organizacións sindicais de estudantes galega organizan para este martes 24 de marzo unha nova folga na que todas as Universidades Públicas Galegas sairán nunha marcha de protesta por toda a Comunidade.
As universidades e sindicatos saen a protestar polo novo Real Decreto 43/2015 que o Goberno aprobou o dous de febreiro. Este Real Decreto, ou o 3+2, consiste en cambiar novamente o sistema universitario cando non pasaron aínda cinco anos da implantación do Plan "Bolonia" e polo tanto, segundo os convocantes, non se puido avaliar o resultado deste "novo" modelo.
O que levou a convocar esta manifestación é o cambio tan temperán do modelo de ensino universitaria e a clara oposición da comunidade da Universidade Pública ante o 3+2, un sistema que pretende empobrecer o ensino universitario e facela menos accesible economicamente segundo UGT, unha das organizacións síndicais que apoia a folga.
A manifestación dentro dos actos previstos na xornada de paro comezará a partir das 11:30 horas na Praza da Peregrina en Pontevedra.