A ludoteca de Semana Santa da Fanpa contará con 120 prazas
Por Redacción
A Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA) prepara en colaboración do Concello de Pontevedra a terceira edición da súa ludoteca de Semana Santa.
Trátase de "un programa destinado a conciliar a vida familiar e a laboral" cubrindo os días de Semana Santa "que non son docentes pero si laborais", explicou o concelleiro Agustín Fernández.
Nesta ocasión habilitaranse 120 prazas destinadas a escolares de Infantil e Primaria, de 3 a 12 anos, 60 delas en Campolongo e outras 60 no Manuel Vidal Portela.
A ludoteca celebrarase os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas, cun prezo de 15 euros por neno para os socios de FANPA e de 25 euros para os non socios.
O prazo de inscrición abrirase o luns 9 de marzo, ata o mércores 11, na sede da FANPA (rúa Xan Guillermo, 9) de 10:00 a 12:00 horas ou a través do correo electrónico ludotecas@nontedurmas.org.
A temática da ludoteca será nesta ocasión a antiga Grecia, con xogos e obradoiros que achegarán aos nenos á cultura e mitoloxía grega.
Relacionadas:
-
Agustín Fernández reúne as ANPAS de Pontevedra para escoitar as súas propostas
Por Redacción |
-
Os comedores de Pontevedra estrearán "de xeito inmediato" menús personalizados para escolares con diabete
Por Redacción |
-
Escolares e pais poderán participar no terceiro Certame de Relato Curto da Fanpa
Por Redacción |
-
As ludotecas de Nadal desdóbranse en función das idades e o idioma: galego ou inglés
Por Redacción |