Perde o control do seu vehículo e cae no interior dunha gabia de obra no Gorgullón
Por Redacción
Tarde accidentada en Pontevedra. Ademais do espectacular incendio na gasolineira de Praceres, outro suceso -este non tan grave- obrigou á intervención dos servizos de emerxencia da cidade. Neste caso, na rúa Gorgullón.
O suceso acontecía na tarde deste mércores. Un coche precipitouse a unha das gabias que se abriron na zona para levar a cabo diversas obras de saneamento.
Segundo explicou a propia condutora, ao saír co seu coche, que estaba aparcado no alto dunha rúa con gran pendente, este calouse e ainda que tirou do freo de man non foi quen de detelo e perdeu o control do seu vehículo que desplazouse costa abaixo ata meterse no burato.
Nin ela nin a súa acompañante, a súa irmá, resultaron feridas.
Para saír do coche tiveron que encender de novo o turismo e baixalas fiestras.