Alerta temperá para loitar contra o ciberbullying
Por Redacción
A influencia das novas tecnoloxías deixouse notar en todos os aspectos da vida escolar e tamén no acoso, coa proliferación dunha nova modalidade delituosa vinculada con este delito, o ciberbullying. Para atallala e evitar que prolifere e, sobre todo, que se incrementen as súas consecuencias, a Policía Nacional está a realizar unha serie de charlas nos centros escolares do municipio.
Este mércores a actividade chegou ao colexio Doroteas, onde o delegado de participación cidadá da Comisaría, Manuel Vázquez, achegou aos alumnos consellos e indicacións sobre como recoñecer un caso de acoso escolar e de ciberacoso ou ciberbullying.
Un caso de ciberbullying dáse cando un escolar ameaza, humilla ou molesta a outro valéndose das novas tecnoloxías, tanto a través de Internet como de teléfonos móbiles ou outras tecnoloxías telemáticas. Unha das súas características máis perigosas é, segundo trasmitió Manuel Vázquez aos alumnos de Sexto curso de Primaria, o "24 x 7", isto é, "el acceso a las víctimas a través de las redes se da 24 horas al día los siete días de la semana", de modo que a audiencia vese ampliada.
Manuel Vázquez insiste en que este tipo de acoso ten "características que son únicas y que aumentan el alcance de la víctimización",, de modo que fai un chamamento a que se extremen as precaucións cando se detecten os primeiros síntomas. Cambios físicos na vítima, alteración do seu estado de ánimo ou modificación do seu rendemento académico son algúns deles e resulta clave que os menores "traten de ayudarse entre ellos" se detectan que os compañeiros poden estar a sufrir esta situación.
"Vale más un mal acuerdo que un buen pleito", indicou para recordarlle os alumnos que non deben ceder ás chantaxes que reciban por esta vía e que non toleren vexacións ou insultos. De todos os xeitos, insistiulles en que Pontevedra é unha das cidades máis tranquilas de España e nesta modalidade delituosa se nota tamén unha baixa criminalidade. "Qué suerte vivir aquí", foi o colofón da súa intervención.
Relacionadas:
-
Multitudinaria asistencia á charla da Policía sobre redes sociais
Por Redacción |
-
Os praceiros fórmanse para previr roubos, que recoñecen que son "escasos"
Por Redacción |
-
A que idade poden ter os nenos un teléfono móbil?
Por Oskar Viéitez |
-
Unha menor pontevedresa, no punto de mira dun 'ciberdepredador' que a coaccionaba desde Málaga
Por Redacción |