Dous mozos pontevedreses detidos por roubar gasóleo no polígono de Barro Meis
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo a M.S.P., de 22 anos de idade e a I.B.F., de 21, os dous veciños de Pontevedra, como supostos autores dun delito de roubo de gasóleo no polígono industrial de Barro-Meis.
Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon na noite do pasado día 2 do actual, cando unha patrulla da Garda Civil de Caldas de Reis sorprende un dos detidos no interior do recinto dunhas obras de construción dunha nave no devandito polígono industrial, mentres o outro se fuxiu.
Estes dous mozos previamente romperan o valo perimetral e do depósito dunha pa mixta subtraeran combustible para unha garrafa duns 20 litros.
Pouco máis tarde procedeuse á detención do fuxido sendo os dous conducidos ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.
Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número dous dos de Caldas de Reis.