Investigan un atraco a punta de pistola no casco histórico
Por Redacción
A Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional mantén aberta unha investigación para aclarar un atraco rexistrado na tarde deste luns 2 de marzo nunha herboristería do casco histórico de Pontevedra.
Fontes policiais indicaron que os investigadores buscan dúas persoas como presuntos atracadores. Os individuos, segundo relataron as vítimas do incidente, chegaron a unha herboristería da rúa Ponte sobre as 20.10 horas co rostro cuberto e armados.
Segundo consta na denuncia, os dous individuos entraron no local cando estaba na zona de atención ao público unha muller. Ambos os dous tiñan o rostro oculto con bragas e carapuchas e un deles levaba unha arma de fogo que aínda non se puido establecer se era real ou simulada.
Ambos os dous pediron á muller que lle entregasen todo o diñeiro da caixa rexistradora e, nese momento, saíu da trastenda o seu marido. Tamén baixo ameazas, acabou entregándolles uns 120 euros da recadación e a continuación os atracadores abandonaron o local.