Atropelan un peón no Grove e atopan un motorista ferido nunha rotonda en Caldas
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida nun atropelo rexistrado sobre as 8,10 horas na rúa Tenente Domínguez do Grove.
Segundo informaron dende o 112, ao lugar do suceso desprazouse unha ambulancia asistencial do 061 que trasladou á persoa ferida ao Hospital Domínguez.
MOTORISTA FERIDO
Ademais, un particular alertou o 112 da presenza dun motorista tirado na calzada na rotonda de San Simón, acceso á parroquia de Godos. Na estrada PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía, á altura da intersección coa variante de Godos en Cadas de Reis
Por causas que se descoñecen o piloto, un home de avanzada idade, perdeu o control da motocicleta caendo ao chan. Foi encontrado ás 9:51 horas e trasladado en ambulancia a un centro sanitario.
COLISIÿN EN MONTECELO
Por outra banda, o Centro de Atención de Emerxencias 112 tamén informou dunha colisión por alcance entre dous vehículos na suba a Montecelo, en Pontevedra. Aconteceu ás 10.04 horas deste mércores.
Foi un particular o que avisou ao 112, alertadon ao Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil.