Barro estrea unha casa para 3.500 personas
Por Redacción
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán e o alcalde de Barro, José Antonio Landín, referiuse este venres ás novas instalacións da Casa do Concello de Barro como unha mostra de colaboración entre administracións.
"ÿ unha honra estar en Barro para inaugurar a casa de 3.500 persoas", dixo Feijóo.
Ademais das novas instalacións da Casa do Concello de Barro, que proporcionará unha maior comodidade aos veciños para que poidan levar a cabo as súas xestións, Feijóo referiuse a outras iniciativas levadas a cabo no municipio produto tamén da colaboración entre administracións, como a Escola Obradoiro Santiago Apóstol III ou a escola infantil, con máis de 60 prazas.
O rexedor aproveitou a ocasión para pedir outras inversións moi necesarias "señor presidente, la PO-531 necesita una mejora", espetoulle.