A corresponsabilidade no fogar centrará os actos do 8 de marzo en Marín
Por Diego Espiño
O Concello de Marín preparou unha serie de actos e actividades para conmemorar o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Nesta ocasión o tema central será a corresponsabilidade no fogar, coa intención de concienciar os marineses da necesidade dunha repartición equitativa das tarefas domésticas.
Para iso desenvolveranse varias actividades, como unha repartición simbólica de 500 cuncas conmemorativas o xoves día 5 de marzo no Mercado de Marín.
Esas cuncas levarán serigrafiada unha viñeta cómica elaborada polo debuxante Luis Davila especialmente para a ocasión.
Ademais organizarase unha campaña de formación en todos os centros escolares do municipio do 2 ao 11 de marzo, cunha actividade de contacontos para os alumnos de infantil e primaria coa intención de educalos en "que las labores del hogar sean tarea de todos, de pequeños a mayores, sin ningún tipo de distinción", explicou a concelleira de Benestas Social, Marián Sanmartín.
Para os centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos poñerase en marcha un concurso de viñetas cun premio de 150 euros para gastar nun comercio do municipio.
A programación do 8 de marzo inclúe tamén a presentación do libro de Josefa Area 'Falando con Versos' o día 5 no Museo Manuel Torres e o día 6, no mesmo lugar, unha conferencia de Juana de Vega. Ademais a ciclomarcha organizada polo Club Ciclista Marín o 8 de marzo (9:30 horas dende a Praza de España) dedicarase a "a muller e o deporte".
Relacionadas:
-
Poio homenaxeará cinco mulleres pioneiras con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
Sonsoles ÿnega e Domenec Biosca protagonizarán en Sanxenxo un encontro literario o Día da Muller
Por Redacción |
-
Marín centrará os actos do 8-M en recoñecer as mulleres amas de casa
Por Redacción |