'Operación Potito' ou o operativo máis solidario da Policía Nacional
Por Redacción
A Policía Nacional ten en marcha un novo operativo na provincia de Pontevedra. Está a desenvolver a 'Operación Potito', unha campaña solidaria destinada a garantir que os bebés e nenos de curta idade teñan a alimentación axeitada a pesar da situación económica que poidan ter as súas familias.
A campaña desenvólvea a Unión Federal de Policía (UFP) en colaboración coa asociación Policías Solidarios e estará operativa durante o mes de marzo nas sedes do sindicato nas comisarías de Pontevedra, Vilagarcía e Vigo.
Con esa finalidade global de "axudar á alimentación infantil dos pequenos máis necesitados", a campaña 'Un Policía Un Potito' está aberta entre o os días 1 e 21 de marzo e recollerá donativos tanto dos axentes coma dos cidadáns en xeral. Todo o recadado será entregado a Cáritas para a súa repartición posterior entre as familias con menos recursos.