A lectura do pregón da Semana Santa será o luns 9 de marzo no Teatro Principal
Por Redacción
A Xunta Coordinadora da Semana Santa prepara os actos da Semana Santa deste ano en Pontevedra que se celebrará entre o 29 de marzo e o 5 de abril. A organización programou varios actos previos a esta conmemoración relixiosa que se iniciarán o luns 9 de marzo coa lectura do Pregón da Semana Santa 2015 a cargo de do reverendo Juan Antonio Sanesteban Días, delegado episcopal de Confrarías Penitenciais.
Este acto desenvolverase no Teatro Principal coa interpretación de Motetes a cargo do Coro de Ex-Cantores do Instituto de Pontevedra.
O sábado 21 de marzo, a Basílica de Santa María acollerá a misa da xunta coordinadora en memoria de todos os membros e confrades falecidos. Iniciarase ás 20 horas.