A Garda Civil detivo cinco veciños de Vilanova por un roubo con violencia a un ciclista
Por Redacción
A Garda Civil detivo a J.V.L., de 28 anos de idade, a JM.D.S., de 20, a E.A.C., de 40, a JC.G.D., de 46 e a A.G.R., 18, todos eles veciños de Vilanova de Arousa, como supostos autores dun roubo con violencia a un transeúnte na devandita localidade.
O pasado día 11 do actual presentouse unha denuncia no Posto da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, na que o denunciante manifesta que cando circulaba coa súa bicicleta foi abordado por cinco persoas que, despois de pegarlle, lle subtraeron a carteira con 60 euros e a bicicleta que valora en 2.800 euros.
Por todo iso, compoñentes do referido Posto da Garda Civil, inician as correspondentes investigacións que, o pasado día 19, deron resultado positivo coa detención de dous dos cinco detidos, os cales foron conducidos ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.
Continuando coas investigacións o día 23 procedeuse á detención dos outros tres.
Os cinco detidos, que contan con antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda dos de Vilagarcía de Arousa quen decretou a súa liberdade con cargos.