Pontevedra defende a súa pesca en Bruxelas
Por Oskar Viéitez
Mariñeiros pontevedreses acudiron a Bruxelas para deixar constancia da súa profunda preocupación pola pretensión da Unión Europea de recortar nun 32 % a cota de captura de pescada do norte, a que consegue a flota galega en augas de Gran Sol.
As rebaixas nas cotas que a Comisión tamén alcanzan ao rape, a cigala, o boquerón... obviar o acordo político tomado en xuño pasado que avogou por postergar máis aló do 2015 o obxectivo de alcanzar o rendemento máximo sostible (RMS) nunha pesqueira se iso carrexaba graves trastornos socioeconómicos.
A propia conselleira de Mar, Rosa Quintana sinalou que no caso da pescada do norte, "está evolucionando moi ben, os datos da poboación son positivos" e, xa que logo, non se entende "por que a comisaria Maria Damanaki fai unha proposta para alcanzar o obxectivo xa no 2013", dixo a conselleira.
"Se presenta un Consejo muy, muy difícil. Mucho más difícil que en años anteriores, porque la Comisión ha puesto sobre la mesa unas propuestas que tienen fortísimas reducciones en las especies de más interés para España", explicou o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete á prensa, á súa chegada á primeira xornada dunha negociación que pode alargarse varios días.