Condenado por poñer un anuncio de contactos en internet con foto e datos da súa ex noiva
Por Oskar Viéitez
O Xulgado do Penal número dous condenou a un home ucraniano, veciño de Portonovo, por poñer un anuncio de contactos en internet coa foto e datos da súa ex novia.
O acusado Oleh L. era amigo do exmarido da vítima, ao que esta muller, Teresa, denunciara por malos tratos.
No ano 2009, ao pouco de empezar unha relación sentimental, o alcol e as drogas deron paso aos problemas na parella, que desencadearon unha denuncia por roubo interposta pola muller contra este mozo de orixe ucraína. Entre outras cousas denunciou a subtracción dun ordenador.
A partir dese momento Teresa presenta novas denuncias por chamadas e mensaxes intimidatorios, ata que ao seu teléfono empezaron a chamar descoñecidos pedindo sexo.
Dixéronlle que viran o seu anuncio en Internet.
Esta veciña de Pontevedra, de 39 anos, buscou e atopou varios anuncios co seu número de móbil e fotos nas que ofrecía favores sexuais a cambio de diñeiro. "Teresa, ninfómana, llámame, soy tímida, atractiva, viciosa, gallega, 30 años, griego, francés y lo que sea. Domicilio. Salidas 30 " ou "30 años, galleguiña, cuerpo espectacular, super viciosa, griego, francés y lo que sea. Llámame que soy tímida. 25 y 100 la noche", mesmo "Viciosas con ganas de sexo telefónico".
Logo de denunciar o caso, un Xulgado ordenou a retirada destes anuncios.
O mozo ucraíno residente na localidade de Portonovo, en Sanxenxo, acaba de ser condenado polo Xulgado do Penal número dous, a un ano de prisión e 720 euros de multa como autor dun delito contra a integridade moral.