Entrega de alimentos á RedeAxuda: "A xente é máis solidaria coa crise"
Por Natalia Puga
"Se ve que la gente se interesa mucho por las necesidades de los demás". ÿ a primeira afirmación do pai González Diéguez cando llegua á Casa Azul a recoller os alimentos e produtos de primeira necesidade que os funcionarios municipiales recolleron durante a última semana e doaron á RedeAxuda. Chega en representación do comedor de San Francisco e levarase, sobre todo, produtos tipicamente do Nadal.
O comedor de San Francisco é unha das entidades integradas na RedeAxuda dende os seus inicios e o pai González Diéguez agradece a "solidaridad de todos todo el año", pero recoñece que "en Navidad la gente suele ser muy generosa. Y este año igual que otros años o quizás más".
Parece que o azoute da crise causou efecto na conciencia solidaria dos pontevedreses e nas últimas semanas aumentaron as mostras de solidariedade dos cidadáns ás entidades sociais do municipio. Pilar Dapena, de San Vicente de Paúl e o albergue de transeúntes de Calor e Café, recoñece estar "impresionada".
"Esta donación de comida (unha tonelada recollida por funcionarios do Concello de Pontevedra) es impresionante, pero llevamos muchas más donaciones. Lanzamos una alerta de que necesitábamos productos para dar desayunos y cenas y hemos recibido muchas donaciones", explica. Este ano notan unha maior implicación cidadá, pero é que tamén a necesitan, pois antes tiñan entre 12 e 15 persoas durmindo a diario no albergue e este ano teñen entre 15 e 20 máis que van só a cear e outros tantos que van pola mañá a almorzar e ducharse.
Pilar Dapena móstrase moi satisfeita coa solidariedade dos pontevedreses. "Yo creo que la gente siempre ha sido igual de solidaria, pero nosotros este año lo notamos más porque lo necesitamos más":
Laura Vilán, de Rexudir Provincial, tamén acudiu á Casa Azul a recoller o paquete que prepararon para a súa entidade dende a RedeAxuda. Ela si ve máis implicación cidadá coa chegada do Nadal e o agravamento da crise económica. "Eu creo que este ano hai máis. Polas necesidades que hai, a xente que pode axudar está axudando máis".
A asociación Meniños tamén ten o seu pequeno paquete. Neste caso, un xogo de biberóns que doou un funcionario moi concienciado coas necesidades dos máis pequenos e que a eles lles vén como auga de maio. "Este ano si que hai máis axuda. Non sei se é porque estamos en RedeAxuda, pero nós so facemos peticións puntuais e sempre nos responden. A xente é mais solidaria coa crise".
Relacionadas:
-
O Concello reclama a colaboración dos veciños para alertar ante emerxencias sociais
Por Oskar Viéitez |
-
Dos xulgados ao comedor de San Francisco
Por Redacción |
-
Doces e xoguetes socialistas contra as políticas de recortes do Goberno
Por Redacción |
-
RedeAxuda amplíase, abre a porta a colectivos do ámbito da discapacidade e a dependencia
Por Redacción |
-
En RedeAxuda fan falta mans
Por Redacción |
-
Funcionarios do Concello de Pontevedra entregan unha "tonelada de solidaridade" á Rede Axuda
Por Oskar Viéitez |