Evacúan a tres persoas intoxicadas por inhalación de gas dunha casa de Cerponzóns
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Tres persoas foron evacuadas da súa vivenda a primeira hora da mañá deste sábado na parroquia de Cerponzóns tras sufrir unha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono. Trátase dun menor de 13 anos, unha muller de 64 e outra de 86.
Os feitos aconteceron nunha vivenda do lugar de Tilve, en Cerponzóns. Os Bombeiros de Pontevedra recibiron a alerta pasadas as 8.30 horas e trasladáronse ao lugar, pero á súa chegada as tres persoas xa foran evacuadas por efectivos de Urxencias Médicas de Galicia 061 ao Hospital Montecelo.
As primeiras hipóteses apuntan a que se produciu unha mala combustión dunha cociña durante a noite e tres dos cinco habitantes da vivenda, tras estar a inhalar os gases emitidos, se encontraron mal de saúde e tiveron que ser atendidos por unha ambulancia medicalizada e outra asistencial que se trasladaron ao lugar.
Ao lugar desprazouse a Policía Local de Pontevedra. Os axentes entrevistáronse cun dos habitantes da vivenda, unha rapaza de 16 anos que non necesitou asistencia sanitaria e que explicou que todo aconteceu durante a noite cando a súa avoa, de 86 anos, chamou a súa nai, de 64, porque se encontraba mal de saúde.
A nai da menor foi ao cuarto da avoa e, nese momento, xa sufriu un mareo. Despois acudiron ao cuarto outros membros da familia e tres dos cinco habitantes da casa sufriron unha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono, de modo que chamaron a Policía. Foron un neno, sua nai e sua avoa. A menor que falou cos axentes municipais e o seu pai non requiriron atención.
Segundo indicaron os Bombeiros, requiriuse a súa intervención para ventilar a vivenda, pero á súa chegada xa practicamente non había fume no interior desta e as tarefas prolongáronse durante un curto espazo de tempo.