A Xunta aproba a modificación puntual do PXOM de Barro para ordenar o sistema viario
Por Redacción
O Consello de Goberno da Xunta de Galicia aprobou a modificación puntual número 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Barro co obxectivo de mellorar as conexións internas entre os núcleos de poboación, así como o acceso ao núcleo urbano de Santo Antoniño que exerce como capital do concello. Nesta zona está prevista a creación de tres novos equipamentos públicos: un centro deportivo, un centro administrativo municipal e unha residencia pública de anciáns.
Esta modificación puntual abarca tres ámbitos contiguos ao núcleo urbano de San Antoniño coa intención de abrir unha nova vía en Valbón, coa finalidade de adaptar a actual estrutura viaria aos novos desenvolvementos residencias. Búscase desconxestionar a N-550 a través de 5 ramais, con dos carrís de circulación e unha beirarrúa.
En Outeiro vaise crear un novo equipamento público deportivo contiguo ao núcleo urbano de Santo Antoniño, nun espazo de preto de 64.000 metros cadrados de solo rústico de protección forestal que se reclasifica como solo urbanizable delimitado cualificado como sistema xeral de equipamento deportivo coa incorporación de catro ordenanzas específicas para equipamentos, zonas verdes, servizos urbanos e rede viaria.
O informe emitido pola Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes sinala que ese espazo non ofrece interese forestal nin valores naturais significativos para protexer.
En San Antoniño vai reordenars tamén un espazo público para crear un centro administrativo municipal e unha residencia pública de anciáns.
O Concello de Barro conta cunha poboación de algo máis de 3.700 persoas e dispón dun PXOM aprobado en maio de 2003.