Comeza a funcionar a oficina contra desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez
O Colexio de Avogados de Pontevedra e o Concello de Pontevedra poñen en marcha o luns a Oficina de asesoramento ás persoas ameazadas cun desafiuzamento.
A oficina está no segundo andar da Casa Azul, e atenderá os luns, de 17.00 a 19.00 horas.
Este servizo atenderá a todas as persoas que o soliciten que estean empadronados no Concello de Pontevedra, cando menos, nos últimos seis meses.
Os interesados deberán solicitar cita previa e achegar toda a documentación que se lles solicite cando pidan a cita.
O servizo consistirá nun proceso de asesoramento e negociación cos bancos ou caixas, con carácter prexudicial, co obxectivo de tratar de acadar un acordo entre as partes e antes de acudir a un xulgado.
As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 851489 en horario de mañá ou enviar un correo a pgonzalez@concellodepontevedra.es
Relacionadas:
-
Empeza a funcionar o programa galego de prevención de desafiuzamentos por execución hipotecaria
Por Redacción |
-
Bankia é a entidade que menos colabora coa oficina de desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Trinta avogados da cidade axudarán de balde a evitar máis desafiuzamentos
Por Natalia Puga |
-
Lores: "é criticable que se chegara aos suicidios para tomar medidas contra os desafiuzamentos"
Por Anxo Lourido |
-
Cada día tramítanse catro desfiuzamentos na provincia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |