O Grupo Miguel Domínguez potencia a súa área de rehabilitación coa integración do Gabinete Rivas
Por Redacción
O Grupo Hospitales Miguel Domínguez acaba de alcanzar un acordo para integrar ao Gabinete Rivas, un centro de fisioterapia fundado hai máis de dous décadas na cidade. Segundo a entidade pontevedresa esta incorporación multiplicará o liderado desta compañía en rehabilitación e fisioterapia.
Os pacientes que ata agora eran atendidos no centro do Gabinete Rivas da rúa Fernández Ladreda pasarán, a partir do 2 de febreiro, a beneficiarse das instalacións dos Hospitales Domínguez na rúa de San Pedro de Alcántara, un espazo estreado hai apenas tres anos.
O Centro de Rehabilitación e Fisioterapia Miguel Domínguez asumirá o persoal da outra compañía, beneficiándose tanto da experiencia e profesionalidade dos seus fisioterapeutas coma da aplicación dos modernos protocolos que permiten, entre outras vantaxes que destaca o grupo de hospitais, que cada paciente sexa atendido por un único especialista durante todo o proceso de recuperación.
O Grupo de Hospitais Miguel Domínguez conforma o principal grupo asistencial de capital exclusivamente galego da provincia en aplicación de tratamentos de fisioterapia, ademais de dispoñer do maior e máis moderno centro que opera hoxe na cidade de Lérez.
Relacionadas:
-
Quirónsalud compra o Hospital Domínguez
Por Alejandro Espiño |
-
Unha unidade de atención temperá, novo servizo para nenos con problemas neurolóxicos na Merced
Por Redacción |
-
O Hospital Domínguez aplica unha terapia novidosa para tratar o Parkinson avanzado
Por Redacción |
-
O Grupo Hospitales Domínguez pon en marcha un novo programa para pacientes que sufriran un ictus
Por Redacción |
-
Completan con éxito o primeiro implante en Pontevedra dun marcapasos resincronizador
Por Redacción |