Chegan á Comisión Europea as reivindicacións de SOS Panadeira
Por Redacción
A eurodeputada do BNG, Ana Mirada, presentou unha pregunta na Comisión Europea sobre a problemática do peirao do Real Club Náutico de Sanxenxo nas proximidades das praias de Panadeira e Os Barcos.
"¿Ten coñecimiento a Comisión deste proxecto? ¿Pode informar a Comisión Europea se o Plan de viabilización do espazo portuario do Porto de Sanxenxo recibiu cofinanciación de Fondos FEDER?", pregunta a representante nacionalista.
A plataforma SOS Panadeira de Sanxenxo denunciou repetidamente a construcción dun pantalán na praia urbana de A Panadeira, baixo unha concesión autorizada polo organismo público Portos de Galicia. Entenden que esta obra é ilegal por ser "contraria ao Plan de usos do Plan Especial do Porto Deportivo, concedendo esta autorización a un clube privado con evidentes indicios de corrupción urbanística que denunciou esta asociación cidadá".
Ana Miranda explica a Comisión Europea que o "aberrante proxecto" realizado cubriu a lámina de auga, tal como denunciaron técnicos e organizacións ecoloxistas, "imposibilitando que unha praia pública poida seguir sendo disfrutada pola vecindade, mentras se favorecen intereses privados nun procedimiento dubidoso e pendente de resolución xudicial definitiva". Ademáis sinala que o proxecto non conta co pertinente estudo de impacto ambiental.
PREGUNTA NO PLENO DE SANXENXO
Representantes de SOS Panadeira acudiron este luns ao pleno municipal para preguntar ao goberno local polo convenio entre o Concello e a empresa Team Campos, do presidente do RCN Sanxenxo polo que se permite que os seus barcos utilicen o recinto portuario. A alcaldesa confirmou que o acordo xa está asinado.