Unha muller resultou ferida tras colidir dous coches en Vilagarcía
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este martes a unha muller que resultou ferida tras colidir dous vehículos que circulaban pola Avenida de Rubiáns, en Vilagarcía, segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias 112 Galicia.
Ademais, se requiriu a intervención dos efectivos do parque comarcal, pois, segundo informaron, aínda que, a muller non estaba atrapada no interior do vehículo, si tiveron que empregar os medios de excarceración para abrir a porta do coche e poder así, evacuar á condutora.
O accidente tivo lugar minutos antes das 20:00 horas deste martes, e, nada mais recibir a alerta dun particular, o CAE 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, aos bombeiros da Mancomunidade do Salnés e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Vilagarcía.