Clase práctica sobre o Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez
Os alumnos de Infantil e Primaria do Colexio San José viviron este martes unha clase práctica sobre o Camiño de Santiago enmarcada no proxecto Eu vivo aquí, que pretende coñecer dun xeito divertido a historia da Boa Vila. Dentro desta iniciativa tamén estudaron personaxes como Castelao, Benito Soto, Valle Inclán ou Sesmero.
Neste caso, ataviados como peregrinos, percorreron a ruta portuguesa ao seu paso por Pontevedra e coñeceron o albergue do Gorgullón. Foron un total de douscentos pequenos, de entre 3 e 11 anos, ataviados con para tal ocasión cuns sombreiros feitos por eles mesmos.
As profesoras organizaron distintas saídas dependendo da idade dos nenos, aínda que todos coincidiron o adro da igrexa de Santiaguiño onde tomaron un aperitivo.