Un policía local de Pontevedra salva a vida tras ser esmagado o seu coche por un container en Vigo
Por Redacción
Un policía municipal de Pontevedra salvou a súa vida arredor das 11.30 horas ao non sufrir feridas de gravidade tras caerlle o colector dun camión enriba do seu vehículo cando circulaba pola rúa Julián Estévez nas proximidades da Avenida de Guixar en Vigo, preto da estación de trens.
O policía local pontevedrés, de 32 anos, conducía o seu turismo particular cando o camión co que se cruzaba no traxecto impactaba contra unha árbore e perdía o container de carga que transportaba. O colector metálico de gran tonelaxe soltábase da cabeza tractora e esmagaba a cuberta do coche deixándoa totalmente destruída.
O axente, que viaxaba só, viuse sorprendido polo impacto pero logrou agacharse e saír pola porta do acompañante sufrindo só feridas leves. Foi trasladado por unha ambulancia a un centro hospitalario, segundo apuntaron fontes do 061, onde foi atendido por feridas na cabeza e diversas contracturas.