Rescatan un bebé tras envorcar o vehículo no que viaxaba xunto á súa nai
Por Redacción
Un neno de dous anos sufriu feridas leves e a súa nai saíu ilesa nun accidente ocorrido pouco antes das nove da mañá deste sábado na N-640 ao seu paso pola parroquia de Troáns, no muncipio de Cuntis, segundo informaron desde Protección Civil desta localidade.
Por causas que se descoñecen, a nai perdeu o control do Citroën Saxo que conducía e saiuse do vial á altura do quilómetro 220,5.
Segundo Protección Civil, o bebé quedou atrapado dentro da súa cadeira e tivo que ser rescatado.
Os cristais rotos no accidente provocaron algúns cortes ao neno, que foi levado polo 061 ao punto de atención continuada (PAC) do centro de saúde de Cuntis. A muller tamén tivo que ser atendida ao sufrir unha crise nerviosa.