O PP dí que o BNG de Poio gastou 35 mil millóns de pesetas desde goberna o Concello
Por Redacción
O voceiro do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, adiantou algún dos resultados do estudo que está a elaborar o seu grupo municipal sobre a actuación do BNG no eido económico desde que goberna o Concello.
Os populares aseguran que "nos 20 anos que leva gobernando Poio, o BNG tivo á súa disposición 210 millóns de euros, ou, o que é o mesmo, 35.000 millóns de pesetas", explicou Moldes para preguntarse de seguido: "¿Qué se fixo con todos eses cartos? ¿Onde están?"
Esta cantidade procede da suma dos orzamentos municipais dende que o BNG chegou ó poder no concello en 1995, uns 180 millóns de euros; "e sumámoslle unha estimación, bastante conservadora, das aportacións excepcionais de outras institucións como Xunta, Deputación e Estado" dixo Moldes.
Para os populares a conclusión "é moi evidente: está claro que o populismo que os nacionalistas poñen en práctica no noso concello sae moi caro" para rematar dicindo que "nunca tan poucos fixeron tan pouco con tanto".