Moreira pide á ministra de Medio Ambiente que faga prevalecer o interese de Pontevedra por riba do de ENCE
Por Oskar Viéitez
Jacobo Moreira interveu este venres nunha mesa sobre Agricultura e Medio Ambiente, enmarcada dentro da Convención Nacional que o Partido Popular está a celebrar esta fin de semana en Madrid.
Neste foro, o presidente local do Partido Popular estivo acompañado polo alcalde de Córdoba, José Antonio Nieto e polo alcalde de Vitoria, Javier Maroto. "Yo de momento no soy alcalde", dixo Moreira para engadir que "si el partido me da la oportunidad estaría encantado de presentarme a la alcaldía de Pontevedra porque es mi sueño".
Jacobo Moreira aproveitou a súa locución para pedirlle á Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, que cando chegue o momento de decidir sobre o destino da fábrica de ENCE, "no se tenga en cuenta el interés de la empresa sino el de Pontevedra".
Na súa intervención, Jacobo Moreira recoñeceu que, nos anos 60, a fábrica foi instalada "en el peor sitio posible" e que agora entramos nun momento clave, despois de anos debatendo sobre se se lle da prorroga ou non a Ence, "porque habrá que tomar la decisión que más interese a Pontevedra, dejando a un lado los intereses empresariales e imponiendo el interés de la ciudad y de sus vecinos".
Moreira engadiu que no seu programa electoral levará a proposta de buscar terrenos para facer unha nova depuradora ao estar agotada a de Praceres.
Intervención de Moreira a partir do minuto 47.15.
Relacionadas:
-
Empeza a conta atrás... Moreira desvelará o 27 de marzo a súa postura sobre ENCE
Por Natalia Puga |
-
Moreira: "Todos os problemas que sofre Pontevedra na actualidade teñen data de caducidade, o vindeiro mes de maio"
Por Redacción |
-
Lores, irónico sobre Moreira: "Debe ser o único pontevedrés que non ten unha postura sobre ENCE"
Por Alejandro Espiño |
-
Louzán intervirá na Convención Nacional do PP
Por Oskar Viéitez |
-
O PP inicia a súa rolda de reunións para designar candidatos ás municipais
Por Redacción |