Mogor, O Carregal, O Casal e O Campo queren mellorar os seus parques
Por Redacción
O Concello de Marín ven de solicitar unha subvención para acondicionar zonas de esparcimento nas parroquias de Mogor, O Carregal, O Casal e O Campo. A reforma ten un orzamento total de 49.994,20 euros.
O proxecto presentado polo Concello na zona de ocio-deportiva da Barriada de Mogor recolle que a día de hoxe hai unha pista deportiva que se atopa moi deteriorada, cas canastras oxidadas e danadas e cos cerramentos tamén oxidados, rotos e con saíntes perigosos. Polo tanto, procederíase á retirada tanto do cerramento como das porterías e canastras, para poder realizala instalación duns novos frontóns de canastra e portería, e un novo cerramento de 4 metros de altura composto por tubos de aceiro galvanizado e rede de nailon.
A zona do Carregal conta cun pequeno parque infantil composto por un pórtico de bambán e un xogo de resorte. Os elementos de xogo están en bo estado, pero a superficie amortecedora de impactos conta con céspede natural que para a altura de caída acadada no bambán resulta insuficiente segundo a normativa vixente. Polo tanto, procederase ao acondicionamento da superficie amortecedora de impactos ca realización dunha soleira en todo o espazo que ocupa o parque infantil, para posteriormente cubrilo con lousas de caucho e así desde xeito adaptar dita zona de ocio infantil á normativa.
Ademáis coa fin de converter a zona nun lugar de reunión e deporte debidamente acondicionado, procederase á instalación dunha pequena zona deportiva, cunha serie de elementos de ximnasia, aptos tanto para adolescentes como para xente maior, co cal se fomenta a relación interxeneracional.
Na zona do Campo non existe ningún parque infantil, namentres que hai unha pequena zona de reunión onde atopamos tres elementos de ximnasia. Con esta actuación a mesma zona acollería un parque infantil e unha pequena zona deportiva. Reorganizaranse os elementos de ximnasia e instalarase un parque infantil, que estará composto por un pórtico de bambán con asentos plano e cuna, un xogo de resorte para catro usuarios e un tobogán autoportante. Nas áreas de seguridade de cada un dos elementos de xogo, instalarase o correspondente pavimento amortecedor de caucho continuo. Ademais, delimitarase a zona cun valo metálico e instalarase o correspondente cartel informativo.