Os centros médicos e colexios de Poio participan nun plan piloto contra a obesidade infantil
Por Redacción
Poio participa nun proxecto piloto, denominado Plan Xérmola, que mediante unha correcta alimentación e a actividade física persegue o obxectivo de reducir a obesidade na poboación infantil e xuvenil.
Nesta tarefa involucráronse as concellarías de Sanidade, Benestar Social, Deportes e Educación do Concello de Poio, a Xunta e persoal dos centros educativos e médicos do municipio.
Na reunión celebrada este venres acordouse iniciar un diagnóstico da situación dos menores do municipio que deberá estar concluído antes de febreiro, para que a Xunta poida establecer un programa de actividades e máis adiante elaborar unha guía con pautas de actuación extrapolables ao resto de municipios de Galicia.