Poio fixa para o 3 de febreiro o derrubamento de tres chabolas no Vao 'supervivintes' de 2007
Por Oskar Viéitez
O vindeiro 3 de febreiro é a data fixada polo Concello de Poio para cumprir coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que obriga o derrubamento de tres chabolas construídas ilegalmente no poboado marxinal do Vao de Abaixo e que se salvaron das demolicións ordenadas en novembro do 2007.
Fai oito anos, aqueles derrubamentos derivaron noutro conflito social xerado polos realoxos das familias xitanas levados a cabo polo Concello de Poio en pisos do barrio pontevedrés de Monte Porreiro e na parroquia de Caritel, en Ponte Caldelas.
Segundo informou o alcalde de Poio, Luciano Sobral, o Concello xa comunicou a decisión ás tres familias afectadas, así como á Subdelegación do Goberno en Pontevedra e á Comandancia da Garda Civil.
Unha destas infravivendas ten unha orde de derriba pendente desde hai quince anos, outra escapou da piqueta en 2007 para non afectar a outras construcións colindantes e a última construíuse cos restos daquel derrubamento.
O TSXG deu a razón á Asociación de Veciños de O Vao ordenando a reposición da legalidade urbanística.
Relacionadas:
-
Executan de forma discreta o derrubamento das tres choupanas do poboado do Vao
Por Redacción |
-
O Concello de Poio prevé un derrubamento "pacífico" no Vao tras solucionar o realoxo das familias afectadas
Por Oskar Viéitez |
-
Poio adxudica o derrubamento de tres chabolas do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
O Tribunal Superior ordena o derrubamento de tres chabolas do poboado do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
As vivendas dos realoxos de Caritel xa poden acoller a familias en risco de exclusión
Por Redacción |
-
Fiscalía pide cinco anos de prisión por tráfico de drogas para o clan familiar de "la Coneja"
Por Oskar Viéitez |