Os universitarios estudan o "modelo Sanxenxo"
Por Oskar Viéitez
O nacemento, funcionamento e proxectos a curto e medio prazo de Turismo de Sanxenxo centrou a visita didáctica protagonizada por 55 alumnos de Xestión Turística da Escola de Turismo da Universidade da Coruña.
E é que a empresa mixta, formada polo Concello de Sanxenxo e o CETS, forma parte dos contidos de estudo do grado de Turismo ao constituír un modelo de traballo conxunto entre o sector público e privado.
Así o asegurou a concelleira delegada desta área, Almudena Aguín, que foi a encargada de dar a bienvenida aos universitarios que se desprazaron ao municipio para coñecer in situ a realidade do sector.
Durante a xornada, os participantes recibiron unha explicación das orixes de Turismo de Sanxenxo, que xurdiu ante a necesidade de manter unha colaboración permanente e non só puntual entre a Administración local e os empresarios co fin de optimizar os recursos existentes. Neste sentido, a coordinadora desta sociedade recordou que Turismo de Sanxenxo foi creada en 2008 coincidindo co inicio da crise económica "e o tempo deunos a razón sobre a necesidade de coordinar políticas conxuntas".
"O tempo deunos a razón sobre a necesidade de coordinar políticas conxuntas"
Outro dos asuntos abordados na sede da empresa mixta, situada no Porto Deportivo Juan Carlos I, foi o das actuacións emprendidas nestes anos, que pivotan, fundamentalmente, sobre a creación de produto complementario ao perfil do destino, "cun modelo consolidado de sol e praia", recordou Romina Fernández.
A aposta local polo turismo marinero, a gastronomía, as novas tecnoloxías e o turismo náutico, desenvolvendo accións específicas en cada unha destas áreas co fin de diversificar a oferta do destino e desestacionalizar as visitas foi outra das cuestións tratadas.
Pola súa banda, o presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), Francisco González, ocupouse de ofrecer aos estudantes do grado de Turismo a visión do sector privado.