Ensino público: Protestando baixo a choiva
Por Oskar Viéitez
Medio cento de persoas concentráronse baixo a choiva en Pontevedra, ante o Instituto Vale Inclán, para mostrar o rexeitamento da o comunidade escolar ao anteproyecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce), coincidindo cunha xornada de protestas que se celebrou en todo o Estado.
A concentración estaba convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para rexeitar a reforma educativa do ministro de Educación, José Ignacio Wert.
Tras unha pancarta na que se lía 'Contra os recortes en educación En defensa do ensino público', os manifestantes esixiron a retirada do borrador da LOMCE xunto coa "dimisión" de Wert, pola súa "incompetencia" e "nula capacidade de negociación" ao impulsar un proxecto que ten á comunidade educativa "enfrontada" e co único apoio das patronais da concertada, a Conferencia Episcopal e o PP.
Relacionadas:
-
O reitor pontevedrés alerta da "asfixia económica" da Universidade
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra debate sobre os recortes no ensino e a proposta de reforma educativa
Por Redacción |
-
E á guitarra... a defensa do Bacharelato de Artes
Por Redacción |
-
Quedarán as aulas baleiras?
Por Oskar Viéitez |
-
Mario Bereda (PSOE) acusa a Wert de querer eliminar o carácter público da Educación
Por Redacción |