Condenados a entenderse
Por Oskar Viéitez
Ben sexa pola crise ou por unha orde direta do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, os presidentes das deputacións galegas están condenados a entenderse.
Neste contexto hai que enmarcar a xuntanza "histórica" que hoxe mantiveron os titulares das Deputacións de A Coruña, Diego Calvo, Ourense, Manuel Baltar, e Pontevedra, Rafael Louzán, "coa finalidade de iniciar un camiño de coordinación das políticas das respectivas deputacións, de mutua cooperación e de intercambio de experiencias en común".
Segundo a declaración institucional lida polo presidente pontevedrés "consideramos que hoxe, máis que nunca, é preciso esto para evitar duplicidades, racionalizar administracións, aproveitar sinerxias e aforrar costes".
O gran ausente na cita foi o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que non foi invitado xa que os presentes entenderon que "primero tiñamos que facelo quenes compartimos unha mesma idea sobre a necesidade dunha institución que apoie e asista aos pequenos e medianos concellos", dixo Louzán.
Así que o presidente socialista Besteiro non estará neste primeiro paso cos seus homólogos populares mais "unha vez que teñamos o borrador poderemos citar o presidente da Deputación de Lugo".
Antes "debemos concertar as nosas políticas públicas entre as institucións que gobernamos, cós concellos e tamén con instancias supramunicipais e superiores como a Xunta de Galicia, que foi a iniciadora desta liña de cooperación, ou o Estado, que está a promover a reforma da Lei de Bases de Rexime Local que nos rixe".
En resume, estas institucións traballarán para: concertar políticas e programas, promover as plataformas de servizos, incrementar a cooperación entre os axentes públicos e privados, incluso por áreas ou comarcas, mesmo repensar emellorar a movilidade e as infraestruturas de transporte e de Novas Tecnoloxías de cara a unha maior proxección e competitividade.
"Iniciar un camiño de coordinación das políticas das respectivas deputacións"
Foi o presidente ourensano, Manuel Baltar, quen concretou que este primeiro paso para acordar políticas comúns será baixo dous criterios: a maior eficiencia e rentabilidade das accións e servizos que se determinen; e o aforro de costes.
Con ese fin, os presidentes acordaron constituir grupos de traballo, formados por técnicos dos distintos Servizos, que manterán xuntanzas periódicas na búsqueda e concreción dos anteditos obxetivos, dentro do marco de colaboración establecido coa Administración Autonómica e Estatal.
Diego Calvo, presidente da Deputación de A Coruña, resumiu que "os resultados e conclusións do noso traballo serán postos a disposición de todas as deputacións e instancias da Administración Local para que, si así o consideran, os asuman e se sumen a eles ou para que, en todo caso, poidan formular as súas aportacións".